Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de xestión de requisitos, análise funcional, desenvolvemento correctivo e evolutivo e apoio á implantación do Sistema de Información Hospitalaria de Galicia (Sihga) (AB-SER1-14-031).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 2 de xullo de 2014.

d) Número de expediente: AB-SER1-14-031.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de xestión de requisitos, análise funcional, desenvolvemento correctivo e evolutivo e apoio á implantación dos Sistemas de Información Hospitalarios de Galicia (Sihga).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: doce meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 72222000-7.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

Plan de evolución dos sistemas

0-30

Metodoloxía de traballo e definición do plan de participación de recursos

0-20

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-40

Parámetros de servizo de soporte

0-10

4. Valor estimado do contrato: 1.975.184,40 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 987.592,20 euros. Importe total: 1.194.986,56 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva 5 (%) do importe de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): si. Grupo V, subgrupo 2, categoría d.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase a cláusula 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 2 de xullo de 2014.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora:

– A apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural a contar desde o día seguinte o de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

– A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta de/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 27 de maio de 2014.

12. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos