Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27288

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación da concesión administrativa do aproveitamento privativo dun inmoble na avenida de Samil.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo de Patrimonio. Nº expediente: 19672-240.

2. Obxecto do contrato: descrición: concesión administrativa do aproveitamento privativo, mediante a instalación e explotación dun servizo de restauración (restaurante e/ou café bar e/ou cafetaría).

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 30 anos.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Garantías provisionais: 17.246,26 €.

5. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

7. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos quince (15) días seguintes ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

9. Outras informacións:

10. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 6 de xuño de 2014

Carlos López Font
Concelleiro delegado de Contratación