Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27182

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (714/2013-CL).

Faml. gard, custdo. ali. fillo menor no matri. no C 0000714/2013CL.

Sobre: outros familia incidentes.

Demandante: Mayory Beatriz Piccolo Lizardi.

Procurador: José Fernández González.

Avogado: Enrique Costas Daponte.

Demandado: Francisco José Gómez de Castro.

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial, do Xulgado de PrimeIra Instancia número 5 de Vigo, anuncio:

Que no presente procedemento de garda, custodia e alimentos, seguido por instancia de Mayory Beatriz Piccolo Lizardi contra Francisco José Gómez de Castro, foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 161.

Vigo o doce de marzo de dous mil catorce.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 714/2013 sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, por instancia de Mayory Beatriz Piccolo Lizardi, representada polo procurador dos tribunais José Fernández González, e con asistencia letrada de Enrique Costas Daponte, contra Francisco José Gómez de Castro, declarado en rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo:

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Fernández González, en nome e representación de Mayory Beatriz Piccolo Lizardi, contra Francisco José Gómez de Castro, declarado en situación de rebeldía procesual e no cal interveu o Ministerio Fiscal, estimo a demanda e fago os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia do fillo menor atribúese á Sra. Piccolo Lizardi, e a patria potestade compartirana ambos os proxenitores.

Segundo. O Sr. Gómez de Castro poderá estar e desfrutar da compañía do seu fillo cando ambos os proxenitores o conveñan e, na falta de acordo, nos termos establecidos no fundamento de dereito terceiro desta resolución.

Terceiro. En concepto de alimentos para o seu fillo o Sr. Gómez de Castro aboará a cantidade de 250 euros ao mes, que ingresará na conta corrente que designe a nai para o efecto dentro dos cinco primeiros días de cada mes, e que se actualizará anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística.

Cuarto. Ambos os proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xere o menor, entre os cales se encontran os médicos non cubertos pola Seguridade Social e os actuais de psicoterapia e dentista, sen que teñan esta consideración os libros de texto, material escolar, uniforme, transporte e comedor escolar e matrícula escolar nin actividades extraescolares.

Non se fai especial pronunciamento canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en senso contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos».

E encontrándose o devandito demandado, Francisco José Gómez de Castro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 26 de maio de 2014

A secretaria xudicial