Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27178

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3917/2013).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 3917/2013 desta sección, seguido por instancia de Colegio Concepción Arenal, S.C.G., Silvia Faria Garabatos, contra Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Martínez Randulfe, S.L., Ministerio Fiscal, Rubén de Martín Díaz, Rosa María Pérez Cid, Samuel Saco Figueiras, Colegio Martínez Randulfe, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou, con data do 26 de maio de 2014, a seguinte resolución:

Únese o anterior escrito, presentado o 23 de maio de 2014 polo letrado José Antonio Pérez Fernández, en nome e representación de Silvia Faria Garabatos, ao recurso correspondente, xunto coas súas copias, observando o acordado na resolución do 29.4.2014 con respecto á sentenza de contraste invocada no escrito de preparación.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta Sala. Emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias dese escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da citada Sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións. Remítase ao Diario Oficial de Galicia para o emprazamento de Martínez Randulfe, S.L. e Colegio Martínez Randulfe, S.A.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Ourense que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta Sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de emprazamento en forma a Martínez Randulfe, S.L. e ao Colegio Martínez Randulfe, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de maio de 2014

A secretaria xudicial