Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2014 pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7117/2014, interposto por Áridos do Mendo, S.L. contra a desestimación presunta do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 4 de maio de 2012, ditada no expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución da Plataforma Loxístico-Industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan) (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio).

O Tribunal Superior de Xustiza, Sala do Contencioso-Administratrivo Sección Terceira, remitiu a esta administración un oficio polo que se solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7117/2014, interposto por Áridos do Mendo, S.L. contra a desestimación presunta do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 4 de maio de 2012, da Dirección Xeral do IGVS (publicada no DOG do 15 de maio), ditada no expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución da Plataforma Loxístico-Industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan), pola que se sinalan as datas e se citan os interesados para o levantamento das actas de pagamento complementarias derivadas das resolucións do Xurado de Expropiación de Galicia.

En consecuencia, acórdase nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao dito tribunal, o cal se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos citados, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo Sección Terceira, no prazo de nove días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2014

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo