Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2014039AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 14 de maio de 2014, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador nº 2014039AL-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a La Reserva Narón, S.L.

Intentada a notificación da proposta de resolución, segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a La Reserva Narón, S.L. o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 23 de maio de 2014

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2014039AL-CO.

Interesada: La Reserva Narón, S.L. (en Panes).

DNI/NIF/CIF: B15836828.

Último enderezo coñecido: Centro Comercial Odeón, L 60, 15570 Narón.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007). Artigo 4.3º.c). Anexo II. Requisitos hixiénicos xerais aplicables a todos os operadores de empresa alimentaria (agás se é de aplicación o anexo I). Capítulo I. 1º.2º.4º d). 10º, capítulo V. 1º. a).b), capítulo VI.1º.2º, capítulo IX.2º.3º e capítulo X.1º.2º.

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo). Artigo 50.1º.e). Art. 51.1º e art. 52.1º.a).

– Regulamento (CE) 178/2002, da Comisión do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e fixa procedementos relativos á seguridade alimentaria (DO nº 31, do 1 febreiro de 2002). Artigo 18.1º.4º.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 60 €.