Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de suspensión do expediente sancionador 2014086TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 23 de abril de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de suspensión do expediente sancionador nº 2014086TA-CO incoado a Mercedes Tarrío Castroagudín, que di:

«O artigo 4.6. do Real decreto 1398/1993, Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, di textualmente: «non se poderán iniciar novos procedementos sancionadores por feitos ou condutas tipificados como infraccións en cuxa comisión o infractor persista de forma continuada, mentres non recaese unha primeira resolución sancionadora deles, con carácter executivo».

Co obxecto de evitar a caducidade regulada no artigo 47.3 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, que di: «a acción para perseguir as infraccións caducará se coñecida pola Administración competente a existencia dunha infracción e terminadas as dilixencias dirixidas ao esclarecemento dos feitos, transcorresen seis meses sen que a Autoridade competente ordenara incoar o oportuno procedemento…».

De acordo coa lexislación anteriormente exposta, comunícaselle a suspensión da tramitación do procedemento deste expediente sancionador ata que non exista unha resolución firme en vía administrativa no expediente 2014020 TA-CO, tamén desa entidade».

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Mercedes Tarrío Castroagudín o contido do dito acordo de suspensión.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto co artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 20 de maio de 2014

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña