Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26942

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1339/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1339/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Vigo Martínez contra Bra Servicios Hostelería, S.L. sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal que segue:

«Sentenza 277/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1339/2013.

Demandante: María José Vigo Martínez.

Letrado: Sr. García Figueiras.

Demandada: Bra Servicios Hostelería, S.L.

A Coruña, 8 de maio de 2013.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María José Vigo Martínez contra a empresa Bra Servicios Hostelería, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 23.828,47 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 41,97 euros/día.

3º. Condeno a empresa a lle aboar á traballadora a suma de 335,76 euros en concepto de salarios polos días 1 a 8 de novembro de 2013, así como a suma de 629,55 euros polo concepto de aviso previo non concedido no despedimento obxectivo cuxa improcedencia se declara.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2098, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

Auto:

Xuíz: Javier López Cotelo.

A Coruña, 13 de maio de 2014.

Parte dispositiva:

– Procede rectificar a sentenza ditada nestes autos, de forma que, no encabezamento, en canto á data, onde di: «A Coruña, 8 de maio de 2013»; debe dicir: «A Coruña, 8 de maio de 2014».

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado do Social de reforzo da Coruña».

E para que conste e sirva de notificación en legal forma a Bra Servicios Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de maio de 2014

A secretaria xudicial