Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 15 de maio de 2014 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento duns inmobles situados na rúa Montero Ríos de Lugo.

Mediante Orde do 14 de marzo de 2014, da Consellería de Facenda, foi autorizado o alleamento mediante poxa duns inmobles situados na rúa Montero Ríos do concello de Lugo.

Logo de publicarse o 3 de abril de 2014 no Diario Oficial de Galicia, número 65, e no diario El Progreso o anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio de alleamento dos citados inmobles, tivo lugar, o 6 de maio de 2014, a poxa pública anunciada, polo que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar a adxudicación á entidade Caixa Rural Galega, polo prezo de 285.429,91 euros, do lote único composto polos seguintes inmobles:

1. Planta segunda ou piso segundo, da casa sinalada co número 24-26 da avenida Montero Ríos de Lugo. A superficie construída é de 276 m2. Linda, visto o edificio desde a avenida antes dita con: dereita, entrando ou oeste, con predio de Ricardo Besteiro; esquerda, entrando ou leste, con garaxe chamado Torralba, propiedade de José Mon; fondo ou sur, espazo aéreo sobre a terraza pertencente como anexo ao primeiro andar; fronte ou norte, coa avenida Montero Ríos e tamén co local da antiga Cámara Agraria Local, hoxe da Comunidade Autónoma. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 de Lugo no tomo 1.020, libro 581, folio 33, predio 54.716. Referencia catastral: 8234011PH1683S0002AR.

2. Planta terceira ou piso terceiro da casa sinalada co número 24-26 da avenida Montero Ríos de Lugo. A superficie construída é de 324 m2. Linda, visto o edificio desde a avenida antes dita con: dereita, entrada ou oeste, con predio de Ricardo Besteiro, esquerda, entrando ou leste, con garaxe chamado Torralba, propiedade de José Mon; fondo ou sur, espazo aéreo sobre a terraza pertencente como anexo ao primeiro andar; fronte ou norte, coa avenida Montero Ríos. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 de Lugo no tomo 1.020, libro 581, folio 34, predio 54.718. Referencia catastral: 8234011PH1683S0004DY.

3. Dereito de servidume en favor das plantas segunda e terceira do inmoble número 24-26 da avenida Montero Ríos, de catro aparcadoiros debidamente individualizados no soto. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Lugo, predio nº 54.714.

4. Local destinado a oficinas na segunda planta situado no extremo esquerdo, mirando desde a rúa da súa situación de Montero Ríos, dunha superficie de 48 m2 e que linda: pola súa fronte, con Montero Ríos; por fondo e dereita, co resto da planta segunda (hoxe Comunidade Autónoma de Galicia), patio de luces e servizos sanitarios e pola súa esquerda co garaxe chamado Torralba, propiedade de José Mon. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Lugo no tomo 1.747, libro 1.308, folio 98, predio 114.890. Referencia catastral: 8234011PH1683S0003ST.

Segundo. O pagamento do prezo de adxudicación efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Terceiro. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública, e serán por conta do adquirente os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, queda a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se producisen neste procedemento de alleamento.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2014

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio