De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notificáselle á entidade que se relaciona no anexo, por non ser posible a súa notificación por correo certificado, a resolución ditada no procedemento sancionador E.S.C. 2013/1, por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
O importe da sanción farase efectivo mediante ingreso na conta restrinxida de recadación de multas e sancións a favor do Tesouro da Facenda Galega, en calquera das oficinas das entidades bancarias de Novacaixagalicia Banco, BBVA ou de Banesto, facendo constar o número de expediente, no prazo establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas oficinas da Dirección Xeral de Comercio, sita no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, bloque 5, 3ª planta, Santiago de Compostela.
Despois de transcorrer o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
Non obstante o anterior, contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleriro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, ou ben recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela ou da circunscrición correspondente ao domicilio da entidade sempre que radique en Galicia, a súa elección, no prazo de dous meses contados desde dita data.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2014
Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio
ANEXO
Número de expediente: E.S.C. 2013/1.
Nome: Organización Feiral Galega, S.L.
CIF: B 32213795.
Enderezo: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, avenida dos Deportes, s/n, Oficina 2, 27004 Lugo.
Precepto cualificador infracción: artigo 94 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
Sanción: multa de 1.501,00 euros.