Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2014/87-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS CAT709 CT Hernán Cortés-CT Estación.

Situación: Vigo.

Carecterísticas técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 434 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Hernán Cortés (36C859), saída CAT709, e final no CT proxectado Estación. LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 217 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Hernán Cortés (36C859), saída CAT709, e final no par existente nº 4 (empalme saída CAT709). Centro de transformación a 1.600 kVA (800+800 kVA) situado na praza da Estación, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 20 de maio de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra