Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 2014/77-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Aluminios Cortizo, S.A.

Domicilio social: lugar de Estramundi, s/n, apartado de correos 68, 15900 Padrón.

Denominación: LATS 66 kV, subestación 66/20 kV, 10 MVA, LMTS fábrica.

Situación: lugar de Estramundi, s/n.

Características técnicas: liña de AT en simple circuíto soterrada, con inicio en nova posición dedicada en barras de 66 kV en subestación Padrón de Unión Fenosa Distribución, S.A. (no sucesivo UDF) con número de expediente de UDF 218310060152, onde se sitúa o punto de entrega e o equipo de medida, e final en nova subestación de cliente, para transporte de 10 MW (capacidade total 21.5 MW), lonxitude 2.915 m, soterrada baixo tubo, RHZ1 36/66 kV, 1×240/95 mm2.

Subestación 66/20 kV, simple barra, cunha posición de liña, incluíndo todos os equipos de medida, mando, control e proteccións necesarias para adecuada explotación. Transformador de potencia 66/20kV, trifásico, de columnas, en baño de aceite, intemperie, regulación en carga, 10MVA. Alimentación servizos auxiliares mediante LBT desde trafo existente en fábrica, en 4×50 mm2 Al.

Liña media tensión soterrada conexión da fábrica desde subestación proxectada ata centro de distribución CD1, en RHZ1 240 mm2 Al, lonxitude 180 m, formado por 4 celas de liña, unha de entrada, dúas de alimentación a CTs existentes e unha de saída para LMT de alimentación a centro de distribución CD2, en RHZ1 240 mm2 Al, 330 m, formado por 4 celas de liña, unha de entrada, dúas de alimentación a CTs existentes e unha de saída para LMT ata local existente de celas de coxeración.

Eliminarase a acometida actual en media tensión de alimentación ao complexo industrial.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo Monelos, 2ª planta, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

A Coruña, 3 de xuño de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña