Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 28 de maio de 2014, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente 15R002/1/2013 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2ª andar, ala norte) A Coruña, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 28 de maio de 2014

Víctor Tello Calvo
Xefe do Servizo de Consumo da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/1/2013.

Interesada: Internia (Victoria Busquet Lawrence).

NIF: 43120829-S.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: 15R002/5/2013.

Interesado: Luciano López Viéitez.

NIF: 3242601-Q.

Acto notificado: resolución de expediente.