Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 29 de maio do 2014, do Servizo de Consumo de Ourense, polo que se empraza a sociedade interesada para ser notificada por comparecencia no expediente número 32001-136-2013.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial PSL (artigo 30.3 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo) o xefe do servizo de Administración Industrial, o 11 de marzo de 2014.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo, con enderezo na avenida de Zamora, nº 13, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 29 de maio de 2014

Cristina Estrella Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense

ANEXO

Expediente número: 32001-136-2013.

Interesada: Glamounity, S.L.

NIF: B64604135.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.