Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26468

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública sobre o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto de actuacións prioritarias en materia de saneamento do concello.

A Alcaldía deste concello, o 8 de maio de 2014, ditou decreto polo que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto de actuacións prioritarias en materia de saneamento do concello do Porriño, que na súa parte dispositiva establece o seguinte:

«Primeiro. Iniciar a tramitación do procedemento de expropiación por taxación conxunta para a execución do proxecto de actuacións prioritarias en materia de saneamento do concello do Porriño.

Segundo. Someter o proxecto a exposición pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior tiraxe da provincia, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos bens ou dereitos.

Para os efectos do recoñecemento da titularidade dos bens e dereitos afectados e ao pagamento no seu momento do prezo xusto aprobado, os propietarios e titulares de dereitos deberán achegar os documentos ou títulos xustificativos completados coa certificación rexistral ou, de ser o caso, certificación negativa referida ao mesmo predio descrito nos títulos.

Notificaránselles ao Ministerio Fiscal e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda e publicaranse os edictos para os efectos do previsto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro. Notificarlles individualmente as taxacións aos que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data da notificación. Para estes efectos, o proxecto estará exposto nas dependencias do Departamento de Urbanismo do Concello do Porriño. Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas nas dependencias do Concello do Porriño, así como nos lugares establecidos no artigo 38.4º da LRX-PAC».

O Porriño, 20 de maio de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde