Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26470

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO do 5 de xuño de 2014 polo que se convoca licitación pública para a subministración e distribución dun millar de composteiros con motivo da ampliación do programa de compostaxe doméstica de Sogama en distintos puntos xeográficos da Comunidade Autónoma de Galicia (NC 0011/2014).

Data límite para a presentación das ofertas: 30 de xuño de 2014 ás 13.00 horas.

Data de apertura sobre «B»: 9 de xullo de 2014 ás 11.00 horas.

– O prego de concurso poderá retirarse a partir desta data en:

• Plataforma de contratación pública de Galicia www.contratosdegalicia.es

• www.sogama.es, apartado de perfil do contratante.

• Oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187 A Coruña.

– A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña), telf.: 981 69 85 00.

– O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 5 de xuño de 2014

Luis Lamas Novo
Presidente