Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26356

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2014, do tribunal de selección designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, convocado por Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 2 de xuño de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro), modificada polas ordes do 25 de febreiro de 2014 (DOG nº 42, do 3 de marzo) e do 6 de marzo de 2014 (DOG núm. 55, do 20 de marzo), para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, de conformidade co disposto na base II.1.1.1.

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións e alegacións presentadas, anular as preguntas número 59, 83 e 92 do primeiro exercicio da opción xurídica pola quenda de promoción interna, pasando a ocupar o seu posto as preguntas de reserva 121, 122 e 123. Anular as preguntas 29, 84, 100 e 106 do primeiro exercicio da opción xurídica pola quenda de acceso libre, pasando a ocupar o seu posto as preguntas de reserva 121,122 e 123 e quedando o cuestionario con 119 preguntas. Anular as preguntas 10, 29, 84, 100 e 106 do primeiro exercicio da opción técnica pola quenda de acceso libre, pasando a ocupar o seu posto as preguntas de reserva 121,122 e 123, quedando o cuestionario con 118 preguntas.

Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1. da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos), fixándose en 68 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de inspección urbanística, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2014

Patricia Tabarés Obenza
Presidenta do tribunal