Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26358

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 20 de maio de 2014 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na entidade pública empresarial Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 24 de febreiro de 2014.

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na entidade pública empresarial Augas de Galicia, por Orde do 24 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 49, do 12 de marzo), de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia; no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na entidade pública empresarial Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 24 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 49, do 12 de marzo).

Segundo. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e seleccionar o persoal que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, a toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou as licenzas que, de ser o caso, lle foran concedidas ao citado persoal. Nos supostos de baixa por incapacidade temporal, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa o persoal, así como a daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro; ou poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: Curros Bermúdez, Rubén.

NRP: 7879904202 A2062.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta/enxeñeiros de camiños, canles e portos.

Código do posto: MA.A01.00.002.15770.051.

Denominación do posto: Servizo de Execución da Planificación e Explotación de Sistemas.

Dependencia: Subdirección Xeral de Programación e Proxectos.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 28.

Apelidos e nome: Rodríguez Arias, Néstor.

NRP: 3284254146 A2062.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta/enxeñeiros de camiños, canles e portos.

Código do posto: MA.A99.20.000.15001.001.

Denominación do posto: xefe do servizo territorial de Augas de Galicia.

Centro de destino: Demarcación Galicia-Norte (A Coruña).

Localidade: A Coruña.

Nivel: 28.

Apelidos e nome: Quintero Serrano, Mª Carmen.

NRP: 3282419113 A2062.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta/enxeñeiros de camiños, canles e portos.

Código do posto: MA.A99.20.000.27001.001.

Denominación do posto: xefe do servizo territorial de Augas de Galicia.

Centro de destino: Demarcación das Concas Intercomunitarias (Lugo).

Localidade: Lugo.

Nivel: 28.