Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2014/041).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, nº 20 baixo, 15840 Santa Comba.

Denominación: LMTS Ventosa-Brasil II-Pontevedra e CT Ramos.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas:

– A liña de media tensión soterrada iníciase no centro de seccionamento existente no núcleo de Ventosa (expediente 328/2010) onde se instalará unha cela de proteción de saída de liña. Desde este CS parte un tramo de liña soterrada de media tensión por unha canalización existente (expediente 43/1996) ata o centro de transformación e seccionamento Ramos (por executar) e desde este CT e S. Ramos partirán dous novos tramos de liña soterrada de media tensión, dos cales un alimentará o CT Brasil II (expediente 103/2007) e outra alimentará o CT Pontevedra (expediente 52.439). En ambos os centros se instalará unha cela de protección de saída de liña. A lonxitude total da liña será de 665 metros, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 240 mm2 Al, con tensión nominal de 20 kV.

– O centro de transformación e seccionamento Ramos situarase nun local específico na planta baixa do edificio situado na rúa Eduardo Pondal (Santa Comba) e estará composto por dúas celas de liña e unha de proteción modulares de illamento e corte SF6; un conxunto de pararraios autoválvulas de 10 kA-24 kV en bornes do transformador; un transformador de 400 kVA con refrixeración natural en baño de aceite, con tensión primaria de 20 kV e tensión secundaria de 400/230 V e un cadro de baixa tensión con interruptor automático con relés de regulación.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 21 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG núm.140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial