Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 2013/183).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTS, avenida da Coruña, nº 1 e anexo I.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 30 m, con orixe en empalmes proxectados na LMTS. SMC-723, tramo entre o CT Vivendas Hnos. Conchado (expte.: 113/1997) e o CT O Burgo-Sol (expte.: 194/1995), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al, e final no centro de transformación avenida da Coruña, nº 1, proxectado.

– Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400/230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 15 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial