Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 26089

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a subministración sucesiva de material de xardinaría, a través de acordo marco cun único contratista, para este concello.

Por Decreto da Alcaldía, do 19 de maio de 2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 04/14).

2. Obxecto do contrato: acordo marco para a subministración sucesiva de material de xardinaría ao Concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 37.000 €/anuais (IVE incluído) e un prazo de execución ata o 31.12.2015 (con posibilidade de prórroga dun (1) ano).

5. Garantías: non se exixe segundo o artigo 95 do TR-LSCP, ao tratarse da entrega de consumibles cuxa entrega e recepción se efectúa antes do pagamento do prezo.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 19 de maio de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde