Por Decreto da Alcaldía do 13 de maio de 2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:
1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 13/14).
2. Obxecto do contrato: acordo marco para a subministración sucesiva de material de carpintaría ao Concello do Porriño.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.
4. Orzamento base de licitación: 20.583 € (17.010,74 € + 3.572,26 € en concepto de IVE). Prezos unitarios indicados nos pregos. Prazo de execución ata o 31 de decembro de 2015 (con posibilidade de prórroga dun (1) ano).
5. Garantías: non se exixen, de conformidade co establecido no artigo 95 do TR-LSCP, ao tratarse da entrega de consumibles cuxa entrega e recepción se efectúa antes do pagamento do prezo.
6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).
7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.
8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.
9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es
O Porriño, 13 de maio de 2014
José Nelson Santos Argibay
Alcalde