Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 26090

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración de 120 contedores destinados á recolla da fracción de envases lixeiros.

No Perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de 120 contedores destinados á recolla da fracción de envases lixeiros, cun tipo de licitación de 26.136,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono 988 38 52 02 e fax 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 30 de maio de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense