Con data do 19 de marzo de 2014, o instrutor do expediente sancionador do Servizo Territorial de Vigo da Consellería de Economía e Industria ditou proposta de resolución de expediente sancionador nº PO-10/2013, incoado contra Inversiones Figueiras, S.L.
De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación persoal da proposta de resolución do expediente sancionador e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle a interesada a proposta de resolución do expediente que figura como anexo.
A interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Coordinación Industrial, Xefatura Territorial de Economía e Industria, Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, praza da Estrela, s/n, 6ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia desta.
Este anuncio remítese, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada para que proceda á súa publicación no taboleiro de edictos.
Advírteselle á interesada que, en cumprimento do artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, se lle concede un prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación no DOG para presentar alegacións a esta proposta e achegar os documentos e informes que considere oportunos.
Vigo, 21 de maio de 2014
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO-10/2013.
Interesada: Inversiones Figueiras, S.L. (CIF B36926921).
Enderezo: rúa Barcelona, nº 57-3º D, 36201 Vigo (Pontevedra).