Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 21 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de proposta de resolución do expediente sancionador PO-2013/14, por infracción en materia de comercio.

Con data do 19 de marzo de 2014, o instrutor do expediente sancionador do Servizo Territorial de Vigo da Consellería de Economía e Industria ditou proposta de resolución do expediente sancionador PO-14/2013, incoado contra Inversiones Figueiras, S.L.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación persoal da proposta de resolución e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle a interesada a proposta de resolución do expediente que figura como anexo.

A interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Coordinación Industrial, Xefatura Territorial de Economía e Industria, Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, praza da Estrela, s/n, 6ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia desta.

Advírteselle a interesada que, en cumprimento do artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, se lle concede un prazo de 15 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta para presentar alegacións a esta proposta de resolución e achegar os documentos e informes que considere oportunos.

Vigo, 21 de maio de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-14/2013.

Interesada: Inversiones Figueiras, S.L. (CIF B36926921).

Enderezo: rúa Barcelona, nº 57-3º D, 36201 Vigo (Pontevedra).