Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 14 de abril de 2014 pola que se autoriza o cambio de titularidade das concesións administrativas correspondentes ás bateas Mapesvi I, Mapesvi II, Mapesvi III, Mapesvi IV e Mapesvi V.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos do cambio de titularidade das concesións administrativas correspondentes ás bateas Mapesvi I, Mapesvi II, Mapesvi III, Mapesvi IV e Mapesvi V, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante ordes do Ministerio de Comercio do 21 de setembro de 1979 (BOE nº 256, do 25 de outubro) e 18 de decembro de 1979 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), outorgáronse as concesións administrativas para a explotación dos viveiros flotantes de cultivos mariños denominados Mapesvi I, Mapesvi II, Mapesvi III, Mapesvi IV e Mapesvi V.

Posteriormente, mediante Orde da Consellería de Pesca do 23 de decembro de 1998 (DOG nº 30, do 13 de febreiro) autorizouse o seu cambio de dominio.

Segundo. Mediante solicitudes presentadas con data do 8 de maio de 2013 Construcciones Núñez Portas, S.L. (B36062255) solicitou perante a Consellería do Medio Rural e do Mar o cambio da titularidade ao seu favor das concesións administrativas correspondentes ás bateas Mapesvi I, Mapesvi II, Mapesvi III, Mapesvi IV e Mapesvi V, tendo acreditado documentalmente mediante o Decreto do 20 de xullo de 2013 que o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa acordou a adxudicación destes bens ao seu favor no curso do procedemento de execución de títulos xudiciais 9190/2010.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas que constan nos expedientes son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro), e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. Os expedientes seguiron os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións de referencia, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar o cambio de titularidade a favor de Construcciones Núñez Portas, S.L. (B36062255) das concesións que a seguir se indican:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Mapesvi I.

Situación:

Cuadrícula nº: 200.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Anteriores titulares: Juan Carlos Núñez Reboredo (35436702-G) e Mª Esther Carballo Alcaine (35440664-X).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Mapesvi II.

Situación:

Cuadrícula nº: 201.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Anteriores titulares: Juan Carlos Núñez Reboredo (35436702-G) e Mª Esther Carballo Alcaine (35440664-X).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Mapesvi III.

Situación:

Cuadrícula nº: 203.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Anteriores titulares: Juan Carlos Núñez Reboredo (35436702-G) e Mª Esther Carballo Alcaine (35440664-X).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Mapesvi IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 204.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Anteriores titulares: Juan Carlos Núñez Reboredo (35436702-G) e Mª Esther Carballo Alcaine (35440664-X).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Mapesvi V.

Situación:

Cuadrícula nº: 205.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Anteriores titulares: Juan Carlos Núñez Reboredo (35436702-G) e Mª Esther Carballo Alcaine (35440664-X).

A nova titular das concesións queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores desde a data da sinatura da resolución do cambio de titularidade pola Administración.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, perante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 14 de abril de 2014

P.D. de sinatura (Resolución do 12 de abril de 2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar de Vigo