Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 22 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada número RA/C/2008/00008.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución ditada no recurso de alzada, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselle saber que contra a devantida resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

Reclamante: Aquacría Arousa, S.L. (Rpte.: Sergio Devesa Regueiro); expediente: RA/C/2008/00008; tipo de resolución: aceptación da desistencia.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas