Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 8 de maio de 2014, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifican resolucións ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-02302-O-2013 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Son informados de que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 8 de maio de 2014

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-02302-O-2013

4627-FXF

Garda Civil

3603 A23980M

Recigranit, S.L.

B36855443

A Casilla-Atios, 49, 36475 O Porriño (Pontevedra)

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

13.5.2013; 16.23.00; PO-510; 6

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

366 euros

PO-02633-O-2013

H-1897-W

Garda Civil

3601 Q92637T

Transportes C. Novoa e Hijos, S.L.

B49125735

Avda. Federico Silva, 34-1º, 49600 Benavente (Zamora)

Realizar o transporte de mercadorías perecedoiras sen levar no vehículo as marcas de identificación e indicación regulamentarias ou levalas en lugares distintos aos establecidos.

14.6.2013; 10.10.00; PO-316; 1.700

Art. 142.16 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

PO-03173-O-2013

0962-BRF

Garda Civil

3603 V93728V

Recigranit, S.L.

B36855443

A Casilla-Atios, 49, 36475 O Porriño (Pontevedra)

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 5 %.

19.8.2013; 17.12.00; A-55; 18

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

333 euros

PO-03566-O-2013

0360-FGT

Garda Civil

3604 P03095B

Excavaciones y Muros Rubio, S.L.

B36918514

Animas, bloque 2, port. 2-5º, 36380 Gondomar (Pontevedra)

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 5 %.

16.9.2013; 16.03.00; CG-4.1; 3

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

333 euros

PO-03574-O-2013

0349-FRZ

Garda Civil

3604 P03095B

Ignacio Cilaurren Pérez

14579706Y

Lehendakari Aguirre, 23-5º D, 48140 Igorre (Vizcaya)

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

17.9.2013; 18.13.00; AP-9; 137,500

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

Art. 143.4.b) LOTT

100 euros