Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 61/2014 interposto por Ana Belén Cruces Maneiro e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo PO 61/2014 interposto por Ana Belén Cruces Maneiro, Ana Isabel González Villar, Ángel Vila Lodeiro, Beatriz Bárbara Galdo Vázquez, Belén Meiriño Borrajo, Carlos Piñeiro Esperante, Carme Otero Rodríguez, Darío Javier González Conde, Héctor Rodil Marzabal, Inés Cobas Balseiro, Leonardo Javier Vilariño Espasandín, María Belén Vila Dorrío, María Carmen Alonso Santistebán, María del Carmen Fernández Seara, María Cristina González Domínguez, María Mercedes González Pavón, Manuel Piñeiro Baena, María Ángeles Golpe Galdo, María Consuelo López Moinelo, María de las Nieves Infanzón Álvarez, María del Carmen Paula Ouro Morales, María Dolores Fraga Cando, María Montserrat Castro Mayo, María Rodríguez Rúa, Marta Elisa López Méndez, Mónica María Vázquez Vila, Montserrat Domínguez Casal, Natividad Lago Valledor, Patricia López Ríos, Paula Sánchez García, Sira María Rodríguez Corredoira, Sira Ponte Álvarez, Dolores Sonia Touceda Taboada, Varela Anca Gómez, Victoria Eugenia Hazañas Ruíz, Xabier Hermida Rodríguez, Cristina Pérez Feas, María Isabel Fernández Fraga e María José Michelena Miranda contra a Resolución do 20 de decembro de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de decembro de 2013, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública