Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 60/2014-IN interposto por Adolfo Alonso Vega e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicitude de remisión do expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo PO 60/2014-IN interposto por Adolfo Alonso Vega, Ana Isabel Barrio Gallego, Ana Isabel Rodríguez Ramos, Ana María Pazo Vázquez, Celia Pilar Santos Expósito, Francisco José Malvido Pousada, María del Carmen Folgueira Vázquez, María Dolores Barcón Orol, María Fe Montero Torreiro, María Mercedes Pérez Somoza, María Muíño Domínguez, María Victoria Fente López, Marta Álvarez Molares, María Río Silva, Olga Martínez Candamio, Araceli Barrán Cepeda, María Asunción Bermejo Díaz de Rabago, María Ángeles Romay Bello, Susana González Amigo, María del Pilar Sánchez Castro, Julia Marquinez Ruíz de Arbulo, María del Pilar Cabrera Castellanos, Rosa Mary Grande Casas e Celia Fiunte Fernández contra a Resolución do 20 de decembro de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública