Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25542

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (293/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despido/cesamentos en xeral 293/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Blas Díaz contra Unicom, Compañía de Seguridad Electrónica, S.L., ADYSAsistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A. ADYS2003, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Administrador concursal de ADYS-Asistencia, Distribución y Servizos 2013, S.A., Novagalicia Banco, S.A., sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Reforzo.

Sentenza: 159/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 293/2013.

Demandante: César Blas Díaz.

Letrado: Sr. Pena Díaz.

Demandadas:

– Unicom, Compañía de Seguridade Electrónica, S.L.

– ADYSAsistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A.

– Administración concursal de ADYS, S.A.

Letrada: Sra. Ferreiro Abelairas.

– Novagalicia Banco, S.A.

Letrada: Sra. Gil Sánchez.

Sentenza 159/2014.

A Coruña, 14 de abril de 2014.

Decido.

1º. Desestimo a demanda presentada por César Blas Díaz, contra Unicom Compañía de Seguridad Electrónica, S.L., e Novagalicia Banco, S.A. e, en consecuencia, absólvolles de todas as pretensións deducidas fronte a eles e declaro a procedencia do despedimento sufrido polo demandante.

2º. Tense á parte demandante por desistida respecto das demandadas ADYSAsistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A. e a súa Administración concursal.

3º. O Fogasa e a Administración concursal de ADYSAsistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A. han de pasar polo resolto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e procederase ao seu arquivo.

Advírtase igualmente ao recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz de reforzo do Social da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a ADYSAsistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2014

A secretaria xudicial