Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25464

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle AR-1 P-2.

O Pleno do Concello de Oroso, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de abril de 2014, aprobou definitivamente o estudo de detalle promovido pola Xunta de Compensación da área de repartición núm. 1, polígono 2 Río Carboeiro 1, cos seguintes pronunciamentos:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle promovido pola Xunta de Compensación da área de repartición núm. 1, polígono 2 “Río Carboeiro 1” co obxecto de readaptar as aliñacións no bloque de vivendas (parcelas 6A e 6B do proxecto de compensación), mantendo o seu volume, desprazándoo cara o interior do rueiro debido á existencia dunha tubaxe de gas que impide a construción próxima a el, sen alterar o resto dos parámetros urbanísticos do bloque.

Segundo. Notificarlle este acordo á xunta de compensación coa indicación que contra el cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Terceiro. Publicar este acordo no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Darlle traslado deste acordo ao Servizo de Urbanismo do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Delegación Territorial da Coruña da Xunta de Galicia e á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (artigo 56 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; artigo 203 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia; artigo 92.5 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia; e artigo 113.b) do Real decreto 2568/1986, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais)».

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

O que se publica para os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Oroso, 13 de maio de 2014

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde