Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25463

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de información pública (expediente 13/0328SU).

Dentalúa, C.B. solicitou licenza de acondicionamento de local e licenza de laboratorio de próteses dental que se situará na avenida do Val Miñor, nº 38, baixo, Nigrán (expediente 13/0328SU).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considérase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e remata logo de transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente estará á disposición do público e pódese consultar no Rexistro Xeral do Concello de Nigrán durante as horas de oficina.

Nigrán, 23 de xaneiro de 2014

Alberto Valverde Pérez
Alcalde