Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Frades (expediente IN407A 2014/51).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17 baixo, local 62. 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: liña de media tensión soterrada (LMTS), centro de transformación (CT) e redes de baixa tensión soterradas (RBTS) de Cimadevila (Frades-A Coruña).

Situación: concello de Frades.

Características técnicas:

1. Instalación e montaxe do centro de transformación Cimadevila, interior en edificio prefabricado de formigón de tipo monobloque, incluíndo un transformador de 160 kVA e 3 celas de media tensión: dúas celas de entrada/saída de liñas e unha cela de protección mediante fusibles do transformador, todas elas con illamento e corte en SF6.

2. Tramo de liña soterrada de media tensión de interconexión entre o apoio existente nº 15 da LMTA de San Martiño a Cimadevila (expediente 2.007/537) e o CT Cimadevila en proxecto (denominado circuíto 2), simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 kA1+Hl6), de 566 metros de lonxitude.

3. Tramo de liña soterrada de media tensión de interconexión mediante empalmes unípolares entre o CT Cimadevila en proxecto e liña de media tensión subterránea existente con destino ao CT Pedreira (denominado circuíto l) simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-ZOL 12/20 kV 3×(1×240 kAl+H16), de 66 metros de lonxitude.

4. Saída de rede de baixa tensión desde o CT Cimadevila en proxecto, para interconexión coa rede existente. Constará de dous circuítos (denominados circuítos 1 e 2), da seguinte forma:

– Un pequeno tramo de rede subterránea dobre circuíto de lonxitude 7 metros, con condutor tipo XZI-0,6/1 kV 4×(1×240 Al), con orixe no cadro de baixa tensión do CT e final nun novo apoio de formigón, tipo HV 11/800, a instalar na fachada do edificio do novo centro de transformación.

– Un tramo de rede aérea dobre circuíto de lonxitude de 18 metros, con condutor tipo XZ1-0,6/1 kV 4×(1×240 Al), con orixe en novo apoio de formigón, tipo HV 11/800, a instalar na fachada do edificio do novo centro de transformación, e final en apoio de formigón existente, cruzando a estrada dependente da deputación da Coruña, CP-3802.

5. Saída de rede de baixa tensión desde o CT Cimadevila en proxecto, para interconexión coa rede existente, mediante tres pasos de soterrado a aéreo en tres apoios de formigón existentes. Constará dun circuíto (denominado circuíto 3), composto por condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4×(1×240 Al), e unha lonxitude total de 397 metros. No apoio existente nº 15 da LMTA de San Martiño a Cimadevila (expediente 2.007/537), tipo HVH-4500/15, acondicionarase conforme o reflectido no plano adxunto de detalle nº DET-02, para dotar a este apoio dunha conversión aerosoterrado para o inicio do tramo de liña soterrada de media tensión denominada circuíto 2.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 7 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial