Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cee (expediente IN407A 2014/9-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Mercadona, S.A.

Domicilio social: avda. de Madrid, 108, 36214 Vigo.

Denominación: LMT de 2 × 90 m CS e CT 630 kVA para supermercado.

Situación: parque empresarial Cee, parcela 36-37.

Características técnicas: LMT soterrada de 2 × 90 m de lonxitude, para alimentar en anel o CT; cable 12/20 kV, 1*240 AL, orixe no CT1 da empresa distribuidora. CS, en caseta prefabricada, compartida co CT, equipado con 3 interrutores-seccionadores, 24 kV, 400 A. CT de 630 kVA, relación 20/0,42 kV, en baño de silicona. Aparamenta de manobra e protección, así como equipo de medida en cabinas metálicas prefabricadas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 27 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG núm. 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial