Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se da publicidade á declaración de impacto ambiental do 8 de abril de 2014, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do proxecto de ampliación da explotación Portodemouros número PO/C/02995, no concello de Vila de Cruces, promovida por Canteras de Portodemouros, S.L.

Visto o artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG núm. 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental de Galicia, o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

RESOLVE:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental do 8 de abril de 2014, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do proxecto de ampliación da explotación Portodemouros nº PO/C/02995, no concello de Vila de Cruces (Pontevedra), promovido por Canteras de Portodemouros, S.L., con CIF B36035566, e que se poderá consultar no seguinte enlace:
http://cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na avenida Fernández Ladreda, número 43, 5ª planta, 36003 Pontevedra.

Pontevedra, 29 de abril de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra