De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Pontevedra, 14 de maio de 2014
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Interesado/a |
Acto notificado |
Acto adoptado por |
ANI-PO-0017/2014-V |
Bibiana Rodríguez Alonso |
Proposta de resolución |
O instrutor |
ANP-PO-0018/2014-V |
Susana Madroño Cerezo |
Proposta de resolución |
O instrutor |
ANP-PO-0037/2014-V |
Miguel Villaverde Troncoso |
Proposta de resolución |
O instrutor |
ANP-PO-0045/2014-V |
Cristina Baena Torres |
Proposta de resolución |
O instrutor |