Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de residuos LU-RES 2013/225 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia debera efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 12 de maio de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2013/225.

Denunciado: Mirela Matei.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/019.

Denunciado: Nicusor Matei.

Acto notificado: acordo de inicio de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/052.

Denunciado: Relu Matei.

Acto notificado: acordo de inicio de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/075.

Denunciados: José Larralde Larralde e Teresa Larralde Pargaray.

Acto notificado: acordo de inicio de procedemento sancionador.