Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2014 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa para o alugamento de dous locais no Campus Universitario.

1. Alugamento do local A3 a Cidade Universitaria, S.A. (expediente P3/14).

No ano 2010 adxudicouse o expediente P2/09 «Arrendamento do local de negocio A3 á empresa Cidade Universitaria, S.A.» por un período de 24 meses (a partir do 1.5.2010), prorrogables por igual período de tempo, polo que desde esa data estiveron situados nese local os servizos de Teledocencia e Uvigo-TV por unha razón de eficiencia, estando próximos á área administrativa e de xestión das tecnoloxías de información e comunicación, directamente relacionada coa actividade destes servizos.

Estando próximo o vencemento da prórroga dese expediente de arrendamento, non existen espazos libres no Campus Universitario das Lagoas-Marcosende a as súas proximidades que, por dimensións a situación, ofrezan as características necesarias para acoller as intalacións de Teledocencia a Uvigo-TV para que poidan realizar o seu traballo de xeito eficiente. Os espazos que ocupan actualmente arrendados á sociedade mercantil Cidade Universitaria, S.A. son os máis adecuados para acoller a dotación destes sevizos pola súa dimensión e situación, e non é posible solicitar orzamentos alternativos dada a situación do Campus Universitario.

2. Alugamento do local número 27 no edificio Citexvi (expediente P2/14).

O centro de investigación singular Atlantic, creado polo Acordo do Consello de Goberno da Universidade de Vigo na súa sesión do 11 de xuño de 2010, adscrito á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación do Campus de Vigo e dependente do ámbito tecnolóxico da Universidade de Vigo, resultou beneficiario dunha axuda Feder concedida polo Ministerio de Economía e Competitividade (Mineco) para a execución do proxecto TACTICA (Convenio específico de colaboración asinado o 18 de decembro de 2014 coa Dirección Xeral de Innovación e Competividade empresarial).

Na actualidade a escola a que se vincula a totalidade dos grupos que integran o centro singular carece de espazo suficiente para acoller os máis de corenta investigadores que se contratarán con cargo á axuda percibida polo Mineco para o período que abrangue desde o 1 de xaneiro de 2014 ao 31 de decembro de 2015.

Esta situación causa un prexuízo considerable na execución técnica e económica do proxecto. Por outra banda, a imposibilidade de acoller os novos contratados nos espazos da escola vese dobremente impedida por mor da propia normativa Feder en materia de vinculación dos gastos. Dentro das incidencias reveladas nos últimos controis financeiros dos programas auditados na universidade para o período 2007-2013, os informes sinalan que non existe separación no interior dos centros universitarios que distinga as áreas destinadas á docencia daquelas reservadas para o seu uso no eido da investigación fundamental e aplicada.

En efecto, a realidade actual amosa que a concentración de usos para facilitar as tarefas do persoal docente, investigador e administrativo nos centros supón incidencias nos controis (artigos 13 e 16, número 2, do Regulamento 1826/2006, do 8 de decembro, do Consello). Ao non vincular a natureza dos gastos declarados e imputados ao proxecto coa operación cofinanciada polo programa operativo do Feder, para actividade subvencionada, as achegas procedentes das subvención minóranse en consecuencia.

Atendendo ao anterior, os únicos espazos dispoñibles existentes no Campus Universitario das Lagoas-Marcosende e as súas proximidades que, por dimensión e situación, presentan as características indispensable e necesarias para acoller os máis dos corenta contratados/as que se vincularán aos equipos de investigación da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación son aqueles de que dispón arestora a Cidade Tecnolóxica de Vigo, S.A. (Citexvi), onde xa se encontran instalados determinados equipamentos de grupos da universidade, así como distintas empresas de base tecnolóxica.

Por mor da proximidade co centro singular AtlanTIC e cos equipos de recursos humanos, así como coa infraestrutura científico-tecnolóxica que serve de base para a execución do proxecto, non existe alternativa á oferta de Citexvi, S.A., dadas a situación xeográfica e a particularidade da orografía do Campus Universitario de Vigo.

En cumprimento do disposto no artigo 55 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do patrimonio da Comunidade Autónoma en execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e ao abeiro das competencias outorgadas polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVO:

Facer público o acordo da utilización do procedemento de adxudicación directa para o alugamento dos seguintes locais:

1. Alugamento do local A3 (expediente P3/14) á sociedade Cidade Universitaria, S.A.

2. Alugamento do local número 27 no edificio Citexvi (expediente P2/14) á sociedade Citexvi, S.A.

Vigo, 6 de maio de 2014

(Resolución reitoral do 5.9.2011; DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo