Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento de instalacións e equipamentos enerxéticos térmicos e locais asociados, de varios centros hospitalarios deste servizo (MI-SER1-12-045).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: MI-SER1-12-045.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento de instalacións e equipamentos enerxéticos térmicos e locais asociados, de varios centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde.

c) Lotes (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 09.12.30.00, 09.11.14.00, 09.13.40.00, 09.32.00.00, 34.91.30.00 e 50.53.00.00.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 248, do 31 de decembro de 2012.

Boletín Oficial del Estado nº 18, do 21 de xaneiro de 2013.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2013/S 009-010847, do 12 de xaneiro de 2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 6.638.500 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 5.638.500 euros. Importe total: 6.822.858 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27 de marzo de 2014.

b) Data de formalización: 23 de abril de 2014.

c) Contratista: Elecnor, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 5.067.057,51 euros. Importe total: 6.131.139,69 euros.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos