Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 16 de maio de 2014 pola que se notifica resolución de expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada por resolución do 7 de outubro de 1994 a Hermanos Places, S.A., con destino á ampliación de industria de conservas de peixe e marisco no porto de Cabo de Cruz.

Logo da tramitación do procedemento no cal se outorga audiencia ao concesionario, ao non constar a formulación de oposición, e tras a emisión de proposta polo instrutor designado para o efecto, con data do 25 de abril do 2013, o presidente de Portos de Galicia, de acordo coas competencias conferidas polo artigo cuarto da Orde do 30 de marzo do 2012, da Consellería do Medio Rural e do Mar, resolve declarar a caducidade da concesión administrativa de referencia, o que determina a extinción anticipada da concesión, e a reversión e recuperación pola Administración das superficies ocupadas e das instalacións que se indican na resolución, excluída a parte dedicada a vivenda que se sitúa fora da zona de servizo do porto, así como a incautación da totalidade das garantías que,de ser o caso, se constituísen para responder da explotación, e/ou construción da concesión.

Intentada a notificación da resolución no domicilio que consta no expediente, sito no porto, s/n, 15.939, de Cabo de Cruz, Boiro, provincia da Coruña, a través do servizo de Correos, e ao non ser posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, notifícase, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Boiro, á mercantil Hermanos Places, S.A., esta resolución que decreta a caducidade da concesión administrativa de referencia.

A concesión administrativa caduca polo incumprimento das condicións xerais 12ª e 17ª da concesión, a causa da inexistencia de actividade na concesión e de deber a totalidade das taxas emitidas desde o ano 2005, o que constitúe causa imperativa de caducidade por aplicación do establecido na condición xeral 18ª do título.

Para o seu exame, o expediente completo atopase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central; praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa recepción perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, ou recurso potestativo de reposición perante a Presidencia de Portos de Galicia, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia