Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25163

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de licitación da subministración de artigos de uniformidade de forma sucesiva, por prezo unitario, mediante acordo marco e contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: subministración de artigos de uniformidade de forma sucesiva e por prezo unitario, mediante acordo marco. Contratación documentalmente simplificada.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: dous anos, prorrogables por anualidades ata un máximo de dúas (duración total do contrato, incluídas as posibles prórrogas: 4 anos).

Código CPV: 35811200-4 uniformes de policía; 18100000-0 roupa de traballo, roupa de traballo especial e accesorios; 18830000-6 calzado de protección; 18815000-5 botas; 18813300-4 calzado de vestir.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, mediante acordo marco cun único empresario.

4. Orzamento base de licitación.

Sen IVE: 73.324,76 €

IVE (21 %): 15.398,20 €

Total (IVE incluído): 88.722,96 €

Valor estimado do contrato:

150.315,76 €

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo I, punto 25, en relación co anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: 15 días naturais contados desde a publicación do último dos anuncios de licitación no BOP ou DOG. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula 12 do PCAP.

Admisibilidade de variantes ou melloras: non.

9. Apertura do sobre «B» e «C»: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xera a licitación do contrato serán por conta do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 21 en relación co anexo I, punto 28, do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 21 de maio de 2014

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde