Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25165

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta unidade no primeiro cuadrimestre de 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir con esa obriga, por medio desta resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2014 e incorpórase como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2014

Pablo Galego Feal
Director da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria

ANEXO

Convenio

Importe económico

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria para o ano 2014

1.415.140 €

7.1.2014