Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25162

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO (expediente 40564/422).

Instituto Ferial de Vigo solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a licenza urbanística para actualización e ampliación de actividade para recintos feirais e outras actividades ocasionais (concertos musicais e espectáculos deportivos), que se situará en Aeroporto (avenida) nº 772 (expediente 40564/422).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e co artigo 36 do Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas (Real decreto 2816/1982, do 27 de agosto), en relación co 86 da Lei estatal 30/1992, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na Oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta -1 do Edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 5 de maio de 2014

Mª del Carmen Silva Rego
Delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos,
Grandes Proxectos e Patrimonio