Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2014 pola que se acorda o cumprimento da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso contencioso-administrativo P.O. 4647/2008, interposto pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (Anfaco), contra a Orde do 29 de agosto de 2008 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia e do seu consello regulador.

No recurso contencioso-administrativo número 4647/2008, interposto pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (Anfaco) contra a Orde do 29 de agosto de 2008 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia e do seu consello regulador, ditou sentenza o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 25 de abril de 2010, e a súa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decisión: estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador Francisco Javier Bejerano Fernández-Obenza, en nome e representación da Asociación Nacional de Fabricantes de Conserva y Marisco (Anfaco), en relación coa Orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 29 de agosto de 2008 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia e do seu consello regulador, e declaramos que a disposición xeral contra a que se recorre non é conforme dereito e anulámola; sen imposición das custas».

De conformidade co establecido nos artigos 118 da Constitución española, 17.2 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ao ser a dita sentenza firme, disponse o seu cumprimento nos seus propios termos e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2014

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar