Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25056

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 20 de maio de 2014 pola que se convoca concurso público de méritos entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir a dirección do centro residencial docente de Vigo.

Polo Decreto 52/2006, do 30 de marzo, modificouse parcialmente o Decreto 43/1989, do 2 de marzo, polo que se transforman os centros de ensinanzas integradas en institutos de educación secundaria e profesional en centros residenciais docentes e establece que á fronte do centro residencial docente haberá unha dirección, nomeada pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por un período de catro anos, renovable por períodos de igual duración, seleccionada previamente por concurso público de méritos entre o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas non universitarias.

Ao encontrarse vacante a dirección do centro residencial docente de Vigo resulta procedente proceder á súa cobertura.

É polo que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

Convocar concurso público de méritos entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para adxudicar en comisión de servizos a dirección do centro residencial docente de Vigo.

Artigo 2. Participantes e requisitos

Poderá participar nesta convocatoria o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que se atope en situación de servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia no curso académico 2013/14.

Enténdese tamén en situación de servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia en 31 de agosto de 2014 aquel persoal docente que, desde un destino definitivo da Comunidade Autónoma de Galicia, accedeu a un posto docente no estranxeiro e que debe reincorporarse obrigatoriamente a esta comunidade no próximo curso académico.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación

O prazo para a presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas á Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse no Rexistro Único, Edificio Administrativo San Caetano, ou nos rexistros dos departamentos territoriais ou en calquera das dependencias a que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que se opte por presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario ou funcionaria de Correos antes de ser certificada.

Artigo 4. Solicitude e documentación

As persoas que concursen presentarán unha instancia seguindo o modelo que se publica como anexo I, xunto cunha folla de autobaremación que aparece como anexo II, e simultaneamente presentarán para a demostración dos méritos os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo III.

Non terán que presentarse aqueles documentos xustificativos de méritos alegados que fosen presentados polos concursantes para completar o seu expediente persoal na aplicación informática a través do enderezo www.edu.xunta.es/datospersoais.

O persoal concursante presentará, ademais:

Proxecto de traballo sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes ao posto que se solicita, tendo en conta as características deste, cunha extensión máxima de 30 folios.

Artigo 5. Comisión de selección

1. A selección do persoal aspirante será realizada por unha comisión provincial integrada polos seguintes membros:

Presidencia: o xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Vogais: tres inspectores ou inspectoras de educación ou do corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa, designados polo xefe ou xefa territorial da consellería e a xefatura do Servizo de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Un funcionario ou funcionaria da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario ou secretaria con voz e sen voto, designado pola Xefatura Territorial de Pontevedra.

2. A comisión de selección poderá solicitar a incorporación aos seus traballos de persoas expertas, que se limitarán a prestar a súa colaboración. Ademais, poderá asistir un representante de cada organización sindical con presenza na xunta de persoal, con voz e sen voto.

3. Todo o persoal aspirante que obteña unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto poderá ser convocado pola comisión de selección á celebración dunha entrevista para apreciar mellor as circunstancias que concorren neles, e que versará sobre o proxecto presentado.

4. Os membros da comisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 144/2008, do 26 de xullo (DOG do 18 de xullo), que estarán cualificadas na categoría primeira.

Artigo 6. Proposta de nomeamento

A persoa aspirante que non acade unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto e de 4 puntos na entrevista, no caso de ter lugar, non poderá ser proposta pola comisión. Será seleccionada a persoa aspirante que, obtendo as puntuacións mínimas sinaladas, acade as maiores puntuacións no total dos puntos incluídos no baremo establecido no anexo III.

No caso de se produciren empates no total das puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nas epígrafes 5, 1, 3.3, 4.2, 3.1, 3.2, 4.1 e 2.

Unha vez realizado todo o proceso anterior, a comisión de selección proporá ao xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a adxudicación do posto, que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, e pola que se entenderá notificado, para todos os efectos, o persoal concursante a que afecte. Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

Artigo 8. Toma de posesión

O persoal selecionado deberá incorporarse á praza obtida no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

As prazas adxudicadas serano por un período de catro anos, renovable por períodos de igual duración logo do proceso de avaliación do exercicio da súa actividade.

Artigo 9. Devolución da documentación

Unha vez transcorridos tres meses desde a data de publicación da resolución definitiva, as persoas interesadas, ou a súa representación legal, disporán dun prazo de seis meses para retirar a documentación ante a presidencia da comisión. En caso contrario, entenderase que renuncian á súa devolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO III

Conceptos

Puntuación

Total puntos máximo

Documentos xustificativos

1. Antigüidade:

Por cada ano de servizo como funcionaria/o de carreira. Para estes efectos computaranse os servizos docentes previos recoñecidos conforme a Lei 70/1978.

0,50 puntos

5 puntos

Folla de servizos expedida polo organismo correspondente.

2. Méritos académicos:

2 puntos

Copia compulsada das titulacións alegadas.

2.1. Polo título de doutora/doutor.

1 punto

2.2. Titulacións de segundo ciclo: por cada licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou títulos declarados legalmente equivalentes.

0,5 puntos

2.3. Titulacións de primeiro ciclo: pola segunda diplomatura ou os 3 primeiros cursos dunha licenciatura.

0,25 puntos

3. Formación e perfeccionamento:

6 puntos

Copia compulsada da documentación alegada.

3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións precitadas, así como os organizados polas universidades (0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados).

Ata 3 puntos

3.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa, incluída a impartición de cursos (0,10 puntos por cada 10 horas).

Ata 3 puntos

4. Publicacións, proxectos, innovacións técnicas:

3 puntos

Documentación orixinal ou copia compulsada.

4.1. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, de carácter xeral.

Ata 1 punto

4.2. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, relacionadas coa praza que se solicita.

(Deberán conter o ISBN, agás as excepcións recollidas na lexislación vixente).

Ata 2 puntos

5. Proxecto de traballo:

O proxecto de traballo deberá conter os obxectivos, planificación xeral, actividades, xustificación e definición a que corresponde a praza que se solicita (puntuación mínima exixida por esta epígrafe: 4 puntos).

Ata 6 puntos
polo proxecto

Ata 6 puntos

Orixinal, cunha extensión máxima de 30 folios.

6. Entrevista sobre o proxecto presentado (puntuación mínima exixida por esta epígrafe: 4 puntos).

Ata 6 puntos
pola entrevista

Ata 6 puntos

missing image file
missing image file