Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2013/45-2, 8129 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: subestación Os Peares 132 kV, renovación MT.

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

A ampliación consiste na blindaxe do parque de 20 kV en configuración simple barra con celas illadas en SF6 tipo N×Plus no interior de dous edificios prefabricados tipo A-35, no cal se instala a seguinte aparellaxe:

• 4 celas de liña 20 kV de simple barra.

• 2 celas de liña máis medida 20 kv simple barra.

• 2 celas de liña 20 kV simple barra con 1TT (con coxerador).

• 1 cela de liña 20 kV simple barra con 3TT (de coxerador).

• 2 celas de transformador 20 kV simple barra.

• 2 celas de SS.AA con fusibles de 10 A.

• 1 cela de acoplamento lonxitudinal.

• 2 transformadores de SS.AA 20/0, 42 kVA de interior (para instalar en edificación existente).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 7 de maio de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo