Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Friol (expediente IN407A 2014/17-2, 8154 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: ampliación de potencia do CT As Pardellas-27AD20.

Situación: concello de Friol.

Características técnicas:

Substitución do transformador existente (50 kVA) no CTI As Pardellas (27AD20) por outro de 100 kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 30 de abril de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo