Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2013/52-2, 8136 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS San Cibrao-San Fiz (alimentación á UA SUR-K).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– LMTS en canalización existente (circuíto 1) con orixe nunha cela existente da subestación de San Cibrao e final nunha cela de liña existente do CT 7 da unidade de actuación SUR-K, cunha lonxitude de 6.690 metros de condutor tipo RHZ1-3×(1×400 mm2 AI).

– LMTS en canalización existente (circuíto 2) con orixe nunha cela existente da subestación de San Cibrao e final nunha cela existente do CT r/ das Laxes, cunha lonxitude de 6.810 metros de condutor tipo RHZ1-3×(1×400 mm2 AI).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 7 de maio de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo