Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24457

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (203/2014).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 203/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Otilia Rodríguez Arufe contra a empresa Isalcor Valga, S.L., Carpintería Metálica Tecre, S.L., Javier López Romero e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza, cuxa resolución se achega:

«Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por instancia de María Otilia Rodríguez Arufe, representada pola letrada Sra. Cancela Regueiro, contra as entidades Isalcor Valga, S.L. (declarada en concurso voluntario, sendo administrador concursal Javier López Romero), Carpintería Metálica Tecre, S.L. e contra o Fogasa, e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena solidaria das empresas demandadas a que readmitan inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 44,11 €/día) ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo, sen que o empresario opte, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 5.067,14 euros (cantidade á cal procede descontar a suma, se é o caso, percibida por despedimento obxectivo).

3º. Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carpintería Metálica Tecre, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2014

A secretaria xudicial